A Plataforma Berán no Camiño pide apoio ó concello da Entidade Local Menor

O próximo ano 2021, celébrase o Ano Santo Xacobeo , evento de gran importancia relixiosa, cultural, social e económica. As diversas rutas xacobeas configúranse coma alternativa real de desenvolvemento que as diversas administracións deberá fomentar de xeito significativo, xa que poden ser ferramentas esenciais para que entidades coma Berán non morran e sirvan coma acicate para evitar o despoboamento e o esmorecemento social e económico.

Dede a Plataforma Berán no Camiño e a Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro propoñen, con documentación histórica que o avala, que Berán sexa un punto referente na vía Xacobea Geira-Arrieiro, cando esta se oficialice por parte da Xunta de Galicia. Na actualidade, o seu paso por Berán xa conta co recoñecemento do Arceobispado de Compostela, que o considera ruta de peregrinación eclesiástica dende marzo de 2019.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Plataforma leva a debate no pleno da Entidade Local Menor de Berán a ratificación da adhesión que dita administración outogou ó proxecto presentado pola asociación. Piden o seu apoio ca colaboración no mantemento e conservación do trazado ó seu paso pola parroquia de Berán; o respaldo económico e político no tocante ós eventos de promoción que se desenvolvan e a creación dunha mesa de traballo no que participen as tres entidades.