Segue o descenso de casos activos no Carballiño. A comarca suma 201 positivos hoxe

coronavirus

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 138, son 3 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 7 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás sofre na xornada de hoxe un leve repunte, con tres contaxios novos, o que fai ascender a cifra dos 20 de onte ós 23 casos activos. En canto as subidas, tamén afectan ó concello de Piñor, que sobe un caso, dos 5 ós 6.

O concello de Beariz descende o número de casos, pasando dos 5 casos de onte ós 4 de hoxe. Tamén o fai Maside, que pasa dos 4 casos activos ós 3.

Por outra banda, mantéñense na mesma cifra O Irixo, que conta con 4 casos activos; Punxín, que conta con 3 casos, San Amaro, que conta cun caso e San Cristovo de Cea, que conta con 19 casos.