O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén supervisa as obras de humanización das rúas en Sobradelo

O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén supervisa as obras de humanización das rúas Travesía Estrada de Entoma e Francisco Neira en Sobradelo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste nestas obras 89.782,00 euros

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial subliñou que “a tentativa do Goberno galego é a de buscar unhas vilas accesibles e non unhas vilas illadas; imos tentar unhas vilas habitables e non abandonadas, e que os cidadáns, especialmente do rural, poidan seguir vivindo no seu concello e que vivan o seu concello”.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ata Carballeda de Valdeorras para supervisar, acompañado da alcaldesa, María del Carmen González, as obras de humanización das rúas travesía estrada de Entoma e Francisco Neira en Sobradelo, ao abeiro do convenio Hurbe. nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste 89.782,00 €.

Tras percorren un treito das rúas, o representante do Goberno galego explicou que estas intervencións servirán para adecuar estes espazos público e recuperalos como unha área de interacción social, cunhas mellores condicións de seguridade para os seus usuarios.

O delegado territorial sinalou que este tipo de actuacións que se desenvolven ao abeiro do o Plan Hurbe, “ademais de mellorar da calidade de vida dos galegos, é un exemplo dos beneficios que aporta a colaboración permanente e sólida coas entidades locais”, e lembrou que “a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local para acometer este tipo de obras que redundan directamente no benestar dos cidadáns na mellora da calidade de vida”.

Gabriel Alén subliñou que “a tentativa do Goberno galego é a de buscar unhas vilas accesibles e non unhas vilas illadas; imos tentar unhas vilas habitables e non abandonadas, e que os cidadáns, especialmente do rural, poidan seguir vivindo no seu concello e que vivan o seu concello”.

Actuacións

As obras consisten na mellora da accesibilidade, demolendo o muro existente e ampliando as beirarrúas, así como a execución dunha rampla e substitución dos pavimentos. A rúa que conecta a zoa inferior da travesía da Entoma coa zona superior, denominada Travesía de Francisco Neira, conta cuns tramos de escaleiras e outra zoa de rampla que permite o acceso cara a contorna do concello. Conta cun pavimento deficiente e carece de varanda.

Polo que, as obras de humanización fundaméntanse en catro actuacións básicas: a eliminación da xardineira ao pé do estribo dereito da ponte baixo o ferrocarril; a mellora da accesibilidade dende o estribo dereito da ponte do ferrocarril en dirección á fonte de Sobradelo ata o edificio da estación; a mellora da accesibilidade na zoa da farmacia e rampla curva, asemade de acceso a rúa en pendente; e o acondicionamento da travesía Francisco Neira.

Plan Hurbe 2010-2019

A obra no concello de Carballeda de Valdeorras enmárcanse dentro do Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente co fin de apoiar ás entidades locais na execución de todo tipo de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.