A Xunta e Castrelo de Miño estudan a mobilización de terras

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha xuntanza telemática co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, para analizar os posibles instrumentos de mobilización de terras máis acaídos neste municipio ourensán.

Publicidade

O conselleiro explicoulle ao rexedor os diferentes instrumentos de mobilización de terras que xa se están a poñer en marcha de xeito piloto e trasladoulle a importancia de poñer en valor as terras en desuso para, primeiramente, previr os incendios forestais e, de paso, dinamizar esa zona coa xeración de riqueza e emprego. Con isto, o alcalde comunicoulle a súa intención de buscar unha zona axeitada para crear un posible polígono agroforestal dedicado ao cultivo de viñedo.