Accidente grave de tráfico na N-541, entre Nogueira e Brués (Boborás)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo a información facilitada, rexistrouse un accidente de circulación na estrada N-541, no punto quilométrico 37, entre Nogueira e Brués, no concello de Boborás. O sinistro foi cualificado como moi complicado e nel viuse implicado un camión, ademais de varios turismos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No lugar realizáronse labores de excarcelación nun turismo. Inicialmente indicouse que un dos feridos excarcelados fora trasladado en helicóptero; con todo, a información actualizada precisa que o helicóptero desprazouse ata o lugar pero non levou os feridos por falta de viabilidade. O matrimonio, que se atopa grave, foi finalmente trasladado en ambulancia.

A información permanece suxeita a posibles actualizacións.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------