Os alumnos de 2º de Bacharelato do IES Nº 1 seguen ca preparación da selectividade

Dende o pasado 25 de maio produciuse a volta voluntaria á clase dos alumnos de 2º de bacharelato. Os que mais están asistindo a estas clases son os alumnos da rama de ciencias

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Así no lo contou a directora do IES Nº1 do Carballiño Almudena Mosquera. Ao principio os alumnos, na súa maioría, comunicaron a súa intención de seguir coas clases online pero finalmente animaronse a retomar as clases, sobre todo os que estudan bacharelato de ciencias. O instituto enviou ao principio ás familias e ao alumnado e publicou una súa páxina web, o calendario final e as medidas de protección e hixiene que se desenvolverían no centro ata o remate do curso académico.

No IES Nº 1 as sesións presenciais son pola da mañá, co fin de que o persoal de limpeza dispoña do tempo suficiente para desinfectar as instalacións, así como para poder efectuar as probas de avaliación online e atender ao resto do alumnado doutros niveis académicos.

Recentemente, o goberno central publicou os acordos para o inicio e desenvolvemento do vindeiro curso que comezará nas datas habituais. A actividade lectiva será presencial. Os centros terán que adaptar os temarios co fin de recuperar os aprendizaxes imprescindibles no alcanzados e elaborar plans de apoio para o alumnado que teña mais dificultades. Os centros terán que seguir as directrices das autoridades sanitarias que ainda poden sufrir cambios.