Este sábado, día 23 na tenda OZOCOgz: Encontro coa escritora Ledicia Costas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro sábado 23 , ás 12:00 h, o Espazo OZOCOgz deseño galego (rúa Curros Enríquez, 29 – O Carballiño) acollerá un encontro titulado «Ler e xogar» coa escritora Ledicia Costas.

O encontro está destinado a todos os públicos, sobre todo, profesorado, pais, nais e nenas e nenos, posto que se desenvolverá a partir dos seus xogos e libro xogos 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bruxas e Dragóns

Era unha vez un dominó

Porquelandia

A entrada é de balde e está aberta a todos os públicos interesados na literatura e no xogo da man dunha das autoras galegas máis recoñecidas do panorama actual.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------