O delegado territorial da Xunta visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán ‘hípica e teatro’ en Coles

  • 40 participantes desfrutarán de activades de danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza
  • O obxectivo non é outro que fomentar a autonomía e a responsabilidade persoal, favorecer a colaboración e traballo en equipo nun clima de convivencia cordial e de amizade
  • Gabriel Alén destacou que esta proposta forma parte da campaña de verán da Xunta, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1.500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades

Ourense, 24 de xullo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Coles para visitar o albergue Equal, no que se está a desenvolver ata o 28 de xullo o campamento de verán ‘Hípica e Teatro’, e ao que asisten rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os participantes poderán desfrutar de activades de danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza. Tamén se divertirán con xogos populares, xincanas disfraces, grandes xogos, veladas, e realizarán actividades de hípica, excursión á aldea de A Barra e piscina.

O obxectivo non é outro que fomentar a autonomía e a responsabilidade persoal, favorecer a colaboración e traballo en equipo nun clima de convivencia cordial e de amizade.

Un total de 40 participantes (31 nenas e 9 nenos), dos que 11 chegan da provincia da Coruña (Santiago de Compostela 6, Bergondo 1, Abegondo 1, Oleiros 1, A Coruña 1, Cambre 1); 17 da provincia de Pontevedra (Cangas 1, Vigo 7, Vilagarcía de Arousa 1, Moaña 2, Pontevedra 5, A Garda 1); 4 da provincia de Lugo (Lugo 3, Castroverde 1), e 8 da provincia de Ourense (Ourense 7, O Pereiro de Aguiar 1).

O delegado territorial lembrou que esta proposta forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1.500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades.

Gabriel Alén subliñou que “con campamentos como este Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa”. Para o delegado territorial, “o obxectivo final é garantir que as familias poidan estar tranquilas levando aos seus pequenos ás actividades da Campaña de Verán da Xunta por ser unha aposta segura de conciliación”.

O Albergue Equal

O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil. Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, aparcadoiro de superficie e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada. Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.

A instalación consta de dúas plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.