O BNG rexeita as declaracións do Alcalde sobre o Athletic Club e acúsao de pór a Ourense e aos clubes da cidade nunha “situación vergoñenta”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así o manifestou na reunión do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes celebrada este mediodía o Portavoz do BNG Luís Seara, quen sinalou que “esas declaracións non as fai un veciño na barra dun bar senón a persoa que representa ao conxunto das veciñas e veciños e tamén ao conxunto dos clubes da cidade”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 11 de decembro de 2025. Na reunión semanal do Consello Municipal de Deporte celebrada esta mañá no salón de Plenos da Casa do Concello, o Portavoz do BNG Luís Seara trasladou o “rexeitamento total do BNG ás declaracións do Alcalde e referidas ao Athletic Club de Bilbao”, rival do Ourense C.F. o vindeiro xoves nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. 

Seara incidiu en que “esas declaracións non as fai un veciño ou veciña na barra dun bar, fainas o Alcalde que representa ao conxunto da veciñanza e tamén ao conxunto dos clubes deportivos de Ourense. Esas declaracións demostran ademais que Gonzalo Pérez Jácome descoñece o que é a xenofobia”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O Portavoz do BNG entende que con esas declaracións, Jácome demostra descoñecer a filosofía do Athletic Club. “Se algún equipo se caracteriza pola integración é o Athletic Club de Bilbao. Esas declaracións deixan a imaxe de Ourense polo chan, como en tantas outras ocasións e ademais tamén coloca aos clubes deportivos que compiten fóra das nosas fronteiras nunha situación moi delicada”.

Seara manifestou as desculpas do BNG ao Athletic Club, “a súa directiva, aos xogadores e ás aficionadas e aficionados, porque para nós si que é desde logo un auténtico privilexio xogar cun equipo que é historia viva do Balompé e que ademais é o segundo equipo que máis Copas do Rei leva gañado. Non é desde logo unha pedrea, é un auténtico privilexio poder xogar contra eles”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------