O Psedg Psoe denuncia “promesas incumplidas do goberno de Feijoo

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia os once anos de “promesas incumpridas” do goberno de Feijóo e defenderá no pleno do vindeiro venres dúas mocións para que o Concello inste á Xunta de Galicia ó cumprimento dos compromisos acadados. Os socialistas reclaman que os populares sexan rigorosos e poñen de manifesto que o “2020 é o momento de que se desbloqueen os equipamentos e se solucionen os conflitos urbanísticos” que existen na actualidade, e instan a que ante a “incapacidade” de Feijóo de mirar por Ourense “o vindeiro 5 de abril haxa un novo goberno socialista na Xunta” para que a cidade ocupe o lugar que merece.

AVANTAR ACTIVIDADES

A vicevoceira socialista, Natalia González cualifica os  “once anos de Feijóo ao fronte do goberno autonómico foron once anos perdidos para Ourense, e engade que, durante os diferentes mandatos, a Xunta non deixou de acumular  “incumprimentos” en infraestruturas e obras “bloqueadas” das cales foron incapaces de desbloquear.

Entre os equipamentos paralizados polo goberno autonómico, os socialistas destacan; a construción e licitación dun CAPD de “xestión pública”- o cal leva 9 meses paralizado, pese a ter os terreos e que ven consignado con 3.5 millóns de euros nos orzamentos da Xunta; o Edificio Administrativo da Xunta, unha promesa anunciada xa con Jesús Vázquez ao fronte do consistorio e que o Concello non foi “capaz de atopar nin sequera unha parcela para a súa ubicación en 4 anos”, salienta González.  

Os socialistas destacan que “mentres” non son capaces de cumprir con eses centros xa consignados, o PP de Galicia segue “vendendo fume” e “anuncios electoralistas” como a Residencia de Maiores de Amancio Ortega. Un anuncio exclusivamente para tentar ocultar o seu “gran logro” que é a realización dunha estación de autobuses “afumando un centro de saúde saturado” e da cal saben que “os prazos non se poderán cumprir polas problemáticas urbanísticas da parcela” -a nome do Concello e os posibles dereitos dos antigos propietarios.

Ademais, os concelleiros socialistas explican a existencia de dous conflitos urbanísticos entre “Xunta e Concello” que non son capaces de avanzar e nos que a Xunta se “pon de perfil” mentres se pasan a “pelota” entre Jácome e Feijóo. O primeiro é a beirarrúa da Ponte Romana, unha zona completamente “desleixada” e cun risco importante na que ningún dos dous organismos foi quen de solucionar durante 18 meses, explica Wilson Jones. E o conflito existente coa realización do SkatePark no parque do Couto en contra da “vontade veciñal” e sen estudar unha “posible alternativa” mentres a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ven a Ourense a facer anuncios electorais sobre a “2ª fase da remodelación da Ponte Romana” se importarlles sequera a opinión da veciñanza.