A Policía autonómica tramitou na ponte festiva 18 denuncias e realizou 32 identificacións

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a  pasada ponte festiva 36 dispositivos en 16 concellos da provincia de Ourense, nos que foron tramitadas 18 denuncias.

Entre o xoves e o domingo, os axentes realizaron controis nos concellos de O Barco de Valdeorras, Carballiño., Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Coles, Esgos, Maside, A Merca, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Ourense, Toén, A Veiga, Viana do Bolo e Xunqueira de Ambía, que tiveron como resultado 18 denuncias, das cales 6 foron por estar sin mascarilla, 10 por fumar sen gardar a distancia de seguridade e 2 por estar con non convivintes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas accións realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas fronte á covid-19 adoptadas polas autoridades competentes, e saldáronse con 32 persoas identificadas.

Os dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.