- A conselleira María José Gómez comprobou os resultados destas tarefas que xa se executaron en tres cuartas partes da súa superficie
- Sinalou que actualmente a constitución deste polígono, que mobilizará 145,6 hectáreas, atópase na fase de investigación da propiedade das parcelas, que se destinarán principalmente ao cultivo de viñedo pola súa localización na DO Ribeiro
- En toda Galicia están en diferentes fases de execución 29 polígonos agroforestais, 15 deles en Ourense, cunha superficie mobilizada de máis de 5.100 hectáreas
Leiro (Ourense), 28 de maio de 2026.- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; comprobou hoxe o resultado dos traballos de roza que xa se realización en tres cuartas partes do polígono agroforestal de Barzamedelle, en Leiro, contribuíndo á prevención de incendios forestais. Alí, destacou os avances na súa tramitación, que actualmente está en fase de investigación dos propietarios das 183 parcelas que compoñen este polígono.

Neste sentido, sinalou que inste instrumento permitirá mobilizar 145,6 hectáreas que se atopan en estado de abandono ou infrautilización. A maiores, destacou que porá a disposición unha superficie agraria que se dedicará principalmente ao cultivo de viñedo, aproveitando a súa situación dentro da Denominación de Orixe Ribeiro.
Este tipo de ferramentas, incluídas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, dinamizan e fan rendible o rural, tanto dende o punto de vista económico como social e ambiental, contribuíndo tamén a fixar poboación no agro. Recuperan e poñen en produción terras de boa capacidade produtiva coa finalidade de constituír áreas de explotación que garantan a súa rendibilidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Desde o Goberno galego séguese a apostar por este tipo de instrumentos e, actualmente, en Galicia atópanse en diferentes fases de execución ata 29 polígonos agroforestais, dos cales 15 están na provincia de Ourense. No seu conxunto, permitirán unha superficie de máis de 5.100 hectáreas, distribuídas en 5.415 parcelas duns 23.000 propietarios.









