O PP propón adaptar os orzamentos a crise polo coronavirus

IES CHAMOSO LAMAS

O GRUPO POPULAR PROPÓN AO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL E AO RESTO DE GRUPOS DA OPOSICIÓN ADAPTAR OS ORZAMENTOS Á SITUACIÓN PROVOCADA POLA ACTUAL CRISE

O ORZAMENTO ESTÁ EN FASE DE ALEGACIÓNS E POR ESTA VIA PODERÍANSE MODIFICAR PARTIDAS PARA PRIORIZAR AOS SECTORES DESFAVORECIDOS POLO CORONAVIRUS E REFORZAR A ACCIÓN SOCIAL.

OZOCOgz Deseño Galego

Son momentos de deixar a un lado as diferenzas entre os diversos grupos políticos municipais, e facer esforzos conxuntos para que os orzamentos municipais, que xa se aprobaron inicialmente, póidanse adaptar para protexer aos sectores máis afectados pola crise do Coronavirus, facéndoos máis sociais e solidarios, e ademais de facelo de forma unánime, para demostrarlle a nosa veciñanza que os seus representantes municipais somos responsables no noso traballo.

Nestes momentos os orzamentos están en fase de alegacións, co prazo interrompido polo decreto de Estado de Alarma. É o momento de que o grupo de goberno asuma a responsabilidade de contar cos Grupos municipais da Oposición e que os que estamos na oposición colaboremos de forma firme co goberno municipal para poder facer, por vía de alegacións, todas aquelas modificacións que se pacten previamente e que nos leven a conseguir un orzamento equilibrado para facer fronte, na medida das posibilidades municipais, a este período de crise.

Estando ben, non é suficiente o aumento de prazo para o pago de impostos e taxas, e temos que traballar para suprimir algunhas delas ou, de non ser posible, que os afectados poidan acceder a axudas por importes semellantes.

Debemos reaxustar o orzamento de diversas actividades ou gastos previstos, que se poderían rebaixar ou deixar para mellores momentos, e con ese diñeiro axudar a sectores como o comercio, autónomos e pequenas empresas, chegando mesmo a axudas en gastos fixos que garantan o mantemento de empregos.

Tamén a través da utilización do superávit do 2019 poderíase incidir máis aínda na atención a temas sociais, tal como autorizou o goberno central, abrindo a porta a esta posibilidade, para o que o goberno municipal contará co firme compromiso do noso grupo para pactar as mellores formas de facelo, esperando que tamén se poida facer de forma unánime con todos os demais grupos.

Quedamos á espera dunha contestación sobre esta posibilidade, para que se poida facer unha reunión, aínda que sexa virtual, para poder ir traballando nas mellores propostas e dar mostra de firmeza na procura de recursos, ante un pobo que está asustado pola situación sanitaria pero tamén polo impacto económico que vai causar.