Decenas de fieis celebran a Romaría da Pena da Sela en O Irixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A romaría da Pena da Sela tivo lugar onte, día 7 de xullo. Como manda a tradición, con anos ás costas, a pasada semana comezou coa chamada “A baixada da Santa”, dende a capela á igrexa parroquial. A xornada deste domingo iníciase coa procesión tradicional que devolve á santa á súa igrexa, percorrendo a estrada que comunica O Carballiño con Lalín.

Xa na carballeira, foron moitos os fieis que se achegaron para escoitar a santa misa, acompañando á virxe no seu percorrido ata a súa capela de novo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta festividade á tan importante porque reúne a veciños de todas as parroquias e tamén a moita xente de fora. Despois dos actos relixiosos, unha carpa acolleu un xantar popular, como manda toda boa romaría, con música tradicional.