Proveedores do sector nupcial e parellas agardan con incertidume a volta a normalidade

A pesar de que nesta fase dúas está permitida xa a celebración de bodas e outras celebracións relixiosas, as restricións e o medo ao contaxio fai difícil que as parellas decidan casarse nestas circunstancias.

Publicidade

VIDEO

As cerimonias nupciais poderán realizarse en todo tipo de instalacións, sempre que non se supere o 50% do aforo, e en todo caso un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados. Durante a celebración das cerimonias deberase manter a distancia social e levar mascarilla. E a celebración posterior a cerimonia deberá  axustaranse ás normas do servizo nos establecementos de hostalería e restauración.

O sector da moda nupcial segue un protocolo estricto de hixiene para que as parellas desfruten da preparación dun evento tan especial con toda a tranquilidade.