O Concello ampliará a dezaséis os efectivos do grupo municipal de emerxencias para cubrir o servizo durante as vintecatro horas do día

Local de protección civil carballiño 19-5-14

O Grupo Municipal de Emerxencias, que conta actualmente con oito efectivos, poderá ampliarse a dezaséis, tras reunirse o grupo de goberno cos sindicatos e acordar proceder a tramitar a consideración deste servizo como un traballo esencial, que é unha condición necesaria para poder plasmar na Relación de Postos de Traballo do concello esta ampliación.

Actualmente, na RPT do concello figuran once efectivos, unha cantidade insuficiente para cubrir o servizo durante as vintecatro horas do día, incluidas as fins de semana e festividades, polo que deberá aprobarse en pleno esta consideración de traballo esencial.

AVANTAR ACTIVIDADES

A continuación, está previsto crear unha bolsa de traballo para cubrir as novas prazas con persoal cualificado, que se levará a cabo según as características que se establezan para os aspirantes, e para o que se contará coa participación dos representantes do Grumir.