Este sábado ás 20:00 h no Auditorio Manuel María Teatro ca obra ” A Familia Real” da compañia “Olivas Negras”

TEATRO

COMPAÑÍA: OLIVAS NEGRAS

AVANTAR ACTIVIDADES

OBRA: “A FAMILIA REAL”

Día 5 de MARZO ás 20:00 h no Auditorio Manuel María

Duración: 80 min.

É unha coprodución entre Aporía Escénica, dirixida por Diana Mera e Olivas negras, dirixida por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez.

Tres mulleres creadoras e empresarias da escena, formadas na ESADg que decidiron entrecruzar os seus camiños artísticos e unir forzas nun novo proxecto teatral, motivadas pola necesidade de interaccionar cos seus fillos e fillas en escena.

A FAMILIA REAL busca traspasar os límites, cuestionar ideas preestablecidas ao redor da maternidade e a educación, compartir as nosas satisfaccións e aprendizaxes, evidenciar as contradicións diarias e poñernos a proba coma intérpretes, integrando nas táboas aos máis pequenos da familia, deixándolle liberdade para modificar o seu itinerario de acción con espontaneidade en contraste coa partitura ensaiada e teatralizada dos adultos.

SINOPSE

Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela?

Cales son as dificultades, os desafíos, as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade complexa como a contemporánea? Como compaxinamos a itinerancia e inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?iariase, sobre todo,

Partindo da comicidade e irreverencia do título A FAMILIA REAL que nos remite inmediatamente á monarquía e a súa imaxe artificiosa mergullámonos nas biografías de cinco familias reais coas súas singularidades: unha nai solteira que se debate entre o amor, o estrés e a culpa por non poder pasar máis tempo co seu fillo de 9 anos que quere coñecer o seu pai; unha nai separada cunha filla de 10 anos e unha relación cordial co seu ex-marido que presume de ser a renovadora do arquetipo da madrastra; unha parella heterosexual namorada cun bebé que está asimilando a golpe de realidade as esixencias da crianza; unha nena de 9 anos cunha nai escenógrafa e técnica de luces que vive organizando axendas; un pai consagrado que fala da paternidade desde a perspectiva que che dá a experiencia dos anos; unha actriz que aceptou o papel de canguro porque precisa os cartos.

FICHA ARTÍSTICA

Coprodución: Aporía Escénica & Olivas Negras

Dirección e dramaturxia: Diana Mera

Textos: Creación colectiva

Asistencia de dirección, xestión e loxística: Sonsoles Cordón

Nais e pais: Sonsoles Cordón, Francisco Gallardo, Diana Mera, Vicente Mohedano, Cecilia Vázquez, Beatriz de Vega

Fillas e fillos: Catalina Scillia, Gianluca Cordón, Asahel Gallardo

Mera, Ginevra Nortes

Canguro en escena: María Tasende

Música orixinal: Francisco Gallardo

Espazo: Beatriz de Vega, Diana Mera, Cecilia Vázquez

Iluminación: Beatriz de Vega

Audiovisual: Pío Cribeiro

Fotografía: Janite Lafuente, Sabel Sabín

Vestiario: Cecilia Vázquez

Deseño gráfico: Cecilia Vázquez, Estefanía Vázquez