O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a “aberrante e desproporcionada” suba da luz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Intervención pública da enerxía, tarifa eléctrica galega, IVE do 4% e garantir o subministro ás familias con falta de recursos, algunhas das propostas do BNG

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na sede do BNG na cidade das Burgas, compareceron esta mañá a deputada Noa Presas, o deputado provincial Bernardo Varela e o concellerio no Concello de Ourense Luis Seara. O motivo foi a presentación da campaña que os nacionalistas arrincarán mañá día 17 cunha carpa para a recollida de sinaturas contra o novo modelo de tarifaxe eléctrico que entrou en vigor este mesmo mes de xuño.

Para Noa Presas, “A situación que están a pasar as pequenas e medianas empresas e o conxunto de galegos e galegas é insoportable”.

No BNG, e tal e como afirmou Presas, “mobilizámonos ante esta estafa permanente da enerxía eléctrica que non para de incrementarse, supondo un dos principais problemas para as galegas e galegos nun contexto ademais de crise económica e de moitos problemas para as economías familiares”.

Noa Presas identifica dous elementos que non resultan menores xa que como ben manifestou durante a súa comparecencia, “vemos como a política enerxética do PSOE no Estado é a mesma que a do PP”, e engade, “dita política segue traballando ao servizo das grandes eléctricas e contra as maiorías sociais. A enerxía está considerada un ben co que poder especular en vez de como o que é, un dereito”.

O incremento nas tarifas por mor das últimas modificacións introducidas polo goberno Central fai que, segundo Presas, “o recibo da luz dunha familia se poida ver incrementado este mes ao redor dun 45%, é dicir, unha barbaridade”.

Desde o BNG pretenden a traves desta campaña concienciar da necesidade de entender á enerxía como un ben básico, polo que apelan a mudar o marco actual. Os nacionalistas avanzaron tamén que trasladarán ás diferentes institucións, nomeadamente o Parlamento galego e aos concellos e Deputacións, unha serie de iniciativas vencelladas con esta cuestión e nas que poñen o foco en catro medidas moi concretas e que a deputada Noa Presas avanzou esta mañá.

1. Mudar o actual marco eléctrico xa que “a actual organización da factura está feita a medida das grandes empresas e para que estas poidan seguir amasando grandes beneficios”.

2. Unha corrección das últimas modificacións feitas na tarifa “polo goberno de PSOE e Podemos e que afecta moi negativamente ás familias e pequenas e medianas empresas”.

3. Tarifa eléctrica galega. “Galiza é produtora e excedentaria de enerxía e polo tanto non ten sentido que ademais en pleno boom eólico, non teñamos ningún beneficio por esta situación”.

4. Empresa pública de enerxía, “para planificar e xestionar os recursos enerxéticos do país e para garantir o acceso á enerxía en condicións razonábeis”.

A campaña extenderase durante todo o mes de xuño, comezando mañá mesmo coa instalación da carpa informativa no entorno da Praza de Abastos, na baixada ao río Barbaña a partir das 11:00 da mañá. O día 18 trasladarase ata a entrada do Campus Universitario nas Lagoas, o 19 na rúa do Paseo, o 21 no barrio do Couto, o día 23 no barrio da Ponte e finalmente o 29 de xuño no de Mariñamansa. Dita campaña de recollida de sinaturas terá continuidade ao longo de toda a provincia.