Unha alumna do IES nº1 estudará 1º de Bacharelato en Estados Unidos ca beca Amancio Ortega

IES CHAMOSO LAMAS

O programa de axudas da Fundación Amancio Ortega retomou a súa actividade logo de parar a causa da pandemia e ofreceu para o próximo curso catrocentas bolsas para o estudo no extranxeiro. Esta beca permite aos estudantes seleccionados cursar primeiro de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá.

Unha das mozas que conseguiu esta beca é Carla Paz, de 15 anos e que ademais logrou unha nota de máis de 9. Ela irá a Estados Unidos, e hoxe falounos de como ve esta experiencia.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

A bolsa ten unha duración aproximada de dez meses, de agosto a xuño, e abrangue todos os servizos necesarios como a viaxe de ida e volta, as taxas escolares, a matrícula no instituto público correspondente, o aloxamento, a manutención en familia de acollida, o seguro médico e mesmo unha pequena mensualidade dos gastos menores que poidan ter os mozos.

Carla tamén nos falou das súas expectativas e dos medos de estudar fora durante un ano.