Rosendo Fernández acusa ao PSOE de “desvarío político e indignidade”

IES CHAMOSO LAMAS

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, amosou esta tarde o seu máis absoluto desprezo á cualificación como electoralista que os socialistas veñen de facer dunha campaña de apoio á loita contra a pandemia difundida a través das resdes do PP, actitude que o representante popular non dubidou en definir como “desvarío político e indignidade”.

Mentres toda a cidadanía apela á unidade e amosa o mellor de si mesmos con centos de exemplos de xenerosidade e altruismo, destacou Rosendo Fernández, “os socialistas de Ourense, facendo o único que saben facer que é imitar ao PSOE de Sánchez, están instalados na crítica destrutiva e no desvarío, ata chegar a límites que sobrepasan a máis elemental dignidade”.

HIPER MASIDE

Rosendo Fernández destacou que a campaña obxecto de crítica e unha iniciativa “de persoas, non de partidos,  na que en ningún momento se cita ao PP e recolle mensaxes de ánimo á poboación, aos traballadores municipais, a voluntarios, sanitarios, forzas e corpos de seguridade do Estado e a todos cantos traballan para saír desta crise sanitaria, mensaxes que envían tanto os alcaldes como os portavoces populares en todos os concellos da provincia, non só onde goberna o PP”.

Todo o contrario do que fai o PSOE, “que nas redes só se gaba do que fan os concellos nos que gobernan, incluíndo ao subdelegado do Goberno, tal e como se pode ver no resumo de imaxes que acompañan a este comunicado, cun tufo propagandístico vergoñento nun momento tan difícil como este, obsesionados como están coas eleccións galegas, das que foron os últimos en asumir que tiñan que ser adiadas”.

“Por suposto que se cita á Xunta e á Deputación de Ourense –defendeu Fernández- xa que antes de que se declarase en Galicia a emerxencia sanitaria e en España o estado de alarma xa comezaron a poñer medios a recursos á disposición da cidadanía e dos concellos”. Nesta liña, o secreterio xeral pregúntase cales son os recursos dos que fala o PSOE, que acaba de enviar 68.000 mascarillas para unha poboación de máis de 300.000 habitantes un mes despois da declaración do estado de alarma, cando só desde a Deputación estanse a adoptar medidas todos os días en resposta ás necesidades da provincia nos ámbitos social, económico, sanitario, hixiene ou cooperación, entre outros moitos”.

Os socialistas, engadiu, “só tratan de saír así do paso e eludir responsabilidades, botarlle á culpa aos demais, mirar só para o que fai o PP e non o Goberno do señor Sánchez, sen escoitar mesmo ás voces críticas dos mandatarios doutras comunidades das súas mesas siglas e instalándose nunha mentira continua que é o único que teñen para sobrevivir