Os Premios Arenteira xa teñen destinatarios na súa IX edición

IES CHAMOSO LAMAS

O xurado dos Premios Arenteira reuniuse onte ás 20:30 horas, cumprindo con todas as medidas de seguridade vixentes, para dar resultado do fallo dos galardoados deste ano. O galardón, organizado polo Centro de Estudos Chamoso Lamas e o ApartaHotel Arenteiro, celebra este ano a súa IX edición, premiando o legado cultural e deportivo da contorna e tamén a título póstumo.

O xurado elixiu por unanimidade outorgar estes premios ós seguintes agraciados. Na categoría de Cultura, entregaráselle a Xosé Prada Martínez, director do grupo de teatro Tiruleque; na categoría de Deporte, o galardoado será o árbitro José Fernández Godoy e, a título póstumo, será a familia de Victor Campio Pereira, poeta nado en Garabás, quen recolla o premio.

HIPER MASIDE

A entrega destes premios realízase o último venres do mes de novembro, aínda que polo de agora, a organización non tomou a decisión de cómo se fará a entrega a causa das restricións que están vixentes no Carballiño. No caso de que a situación non mellore, a organización plantexa un aprazamento de data.