Esta fin de semana, fotografía, teatro e música coral como nota cultural no Carballiño

Un ano máis, volve o Arenteiro Fotográfico, da man da asociación O’Potiños. Este evento está composto por 22 exposicións no Carballiño ó longo de dous meses, charlas, cursos e coloquios, que farán a esta vila un referente unha vez máis no eido fotográfico galego.

Mañá sábadoterá lugar a inauguración ás 19:00h na Casa da Cultura do Carballiño, con entrada é libre. Ese dia haberá unha charla de Brais Lorenzo sobre o seu traballo “Tempos de Pandemia” e tamén a entrega de premios dos dous concursos fotográficos, tanto o de Libre como o do Carballiño.

Últma actuación do Circuíto de Teatro

Publicidade Premer na Imaxe

O grupo de teatro Tiruleque, da man da Federación Galega de Teatro Afeccionado, rematarán mañá sábado co Circuíto Galego de Teatro Amador 2021. Esta cuarta e última actuación será a cargo do grupo Fauna 113, ca obra “A última cea”, destinada a todos os públicos. Coma o resto das obras, será ás 20:30 horas no Auditorio Municipal, cun custe de tres euros por persoa.

A pesar de que remata o circuíto, o teatro seguirá activo ca 14ª edición da Mostra de Teatro Amador “Teraas de Orcellón”, que comezou o pasado día 12 e terá sesións tamén o 23, 24, 30 e 31 de outubro e o 6 e 7 de novembro.

Música Coral Galaico-Portuguesa

A 38ª edición do festival de música Galaico-portuguesa que organiza a Coral Polifónica do Casino ca colaboración do Concello volve esta fin de semana. O evento “Concerto nº1 Iacobus: a voz dos camiños” terá lugar este sábado día 16, ás 20:00 horas, nas instalacións do Casino do Carballiño.

O programa para este ano será moi variado e cun único fío conductor que é “A voz dos camiños”. Ademais da Coral do Casino, participará a Coral da Misericordia de Santo Tirso, de Oporto.