García Comesaña explicou esta mañá as valoracións do comité clínico, no que se tomou a decisión de aplicar as mesmas medidas restritivas que se están aplicando nas grandes cidades galegas e as súas áreas de influencia. Isto quere dicir que a partir das 00:00 horas desta madrugada, o municipio terá as seguintes restricións:
- Restrición das actividades non esenciais
- Peche da hostalaría
- Límite da práctica deportiva a unha persoa
- Límite dos eventos culturais a 30 persoas (interior) e 75 (exterior)
- Prohibida a entrada e saída destas zonas excepto por motivos xustificados
- Redución de aforos en centros comerciais ó 30%
- Redución do 50% de aforo en transporte público non escolar