O Destino Río Limia – Lima promociónase en Intur 2022

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o xoves está presente na Feira Internacional do Turismo de Interior, en Valladolid, para dar o coñecer o proxecto “Fronteira esquecida”

Ourense, 20 de novembro de 2022.- O Destino Río Limia – Lima promociónase en Intur 2022, a Feira Internacional do Turismo de Interior que se celebra entre o xoves 18 de novembro e este domingo, día 20, en Valladolid.

SPORTUR GALICIA 2022

O Destino Río Limia-Lima está dando a coñecer o territorio do proxecto Fronteira Esquecida, proxecto cofinanciado ao 75% polo Fonde Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo xeneral do proxecto “Fronteira Esquecida” é potenciar os recursos naturais e culturais do Río Limia-Lima, e a súa contorna, e en base a elo crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona, desenvolvendo unha serie de actuacións conxuntas que impulsen o Destino Río Limia-Lima como un destino de calidade sostible.

Ademais da promoción en INTUR, este destino tamén se promocionou a través de dúas viaxes de familiarización (“fam trip”) con minoristas e maioristas galegos e portugueses do 26 ao 28 de outubro e do 2 ao 4 de novembro. Nestas viaxes puideron coñecer o Destino Río Limia-Lima, visitando os puntos de interese, degustando a súa gastronomía e realizando actividades deportivas na zona.

Ademais, o destino estivo presente nun seminario turístico (“workshop”) celebrado en Fundão (Castelo Branco – Portugal) do 14 ao 16 de outubro, que permitiu dar a coñecer a oferta turística do Destino Río Limia-Lima ás axencias de viaxes portuguesas, remarcando así o carácter transfronteirizo do proxecto e o seu territorio. E a finais de novembro asistirase a outro seminario turístico en Benidorm, que terá lugar do 25 ao 27 de novembro, onde se pretende dar a coñecer este destino a outras axencias españolas para a súa promoción.

O Destino Río Limia-Lima está formado polas comarcas de A Limia e a Baixa Limia, no territorio galego, e as Cámaras Municipais de Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Ponte de Lima e Viana do Castelo, no territorio portugués. Dende o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, o visitante conta co xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis (Bande), a Igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia), os Centros de Interpretación de Ponte de Lima ou a Citanîa de Santa Luzia (Viana do Castelo), entre outros lugares de interese.