O Concello de Piñor, a través do Programa de Educación e Apoio Familiar (financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027), organiza unha charla dirixida ás familias, que será impartida por persoal sanitario de medicina familiar e comunitaria do SERGAS, co obxectivo de abordar cuestións de especial relevancia na protección da infancia e adolescencia: o consumo de bebidas enerxéticas, o uso de dispositivos de vapeo e o impacto dos videoxogos.
A xornada informativa, denominada “Hábitos e perigos nos menores: bebidas enerxéticas, vaper e videoxogos”, terá lugar o luns 25 de maio ás 18,00 horas, no Centro Cultural de Arenteiro, e é moi importante tendo en conta a recente Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que convirte a Galicia na primeira comunidade autónoma en España que prohibe tanto a venda como o consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores en menores de idade, e que reforza o papel dos axentes comunitarios —entre eles, os servizos sociais— na promoción de hábitos saudables e na prevención de condutas de risco en menores de idade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A charla busca ofrecer información clara e útil, así como orientacións prácticas para o día a día: como detectar posibles riscos, como establecer normas na casa e como acompañar aos fillos e fillas.
Desde o Concello anímase a todas as familias a participar, destacando a importancia de traballar de maneira coordinada entre os distintos servizos para apoiar o benestar dos máis novos. Para unha correcta organización da actividade, deberá realizarse inscrición por teléfono ou no email educacionfamiliar@pinor.es.









