O Carballiño rexistra o segundo día de escalada, subindo ós 20 casos activos ( 5 máis ca onte )

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos balanceáronse entre os 11 e os 14 contaxiados, onte subían ata os 15 e hoxe rexístrase un incremento de cinco casos, para facer un total de 20 persoas contaxiadas. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 31.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 7 casos activos, que se manteñen hoxe igual ca onte estables.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo mantén os dous contaxiados logo de levar semanas sen ningún caso. Piñor mantén un único contaxiado e Punxín pasou de non ter casos a manter un positivo rexistrado onte.  No caso de Maside, Beariz, Boborás e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.

E no Ribeiro, Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, subindo ata os 12 (+2) casos. Nos últimos días a cifra mantívose estable roldando os 4 ou 5 contaxiados, despuntando na xornada de hoxe.