Este sábado 12, ás 21h na Sala Sete Flores do Carballiño terá lugar o concerto da banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal Os Bar Ban Sónicos

IES CHAMOSO LAMAS

Este sábado 12 de febreiro ás 21h na Sala Sete Flores do Carballiño terá lugar o concerto da banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal Os Bar Ban Sónicos. O concerto fai parte da xira de presentación do seu primeiro álbum “Quimicamente Impuro”  spoti.fi/3FdM5Ot do que tamén acaban de sacar o video clip da canción “Dime, dime amor” https://youtu.be/pFMgJyg75eY

Os  Bar  Ban  Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal con Manel Casal na voz e guitarra,  Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería. Nos inicios o repertorio estaba formado por clásicos do garaxe dos `60 e do punk rock. Concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo e ao onanismo instrumental.  Aos poucos fomos compoñendo cancións propias na que mesturábamos esas dúas escenas musicais irmás. Ao mesmo tempo adaptamos ao galego algúns dos temas clásicos que formaban parte do noso primeiro repertorio.

OZOCOgz Deseño Galego

Despois de actuar en festivais e locais da comarca da Barbanza e asentar un repertorio xa suficientemente amplo, en agosto de 2019 pasamos polos estudos  ALU de Rianxo para gravar catro dos nosos temas propios na que foi a nosa primeira maqueta: [Demo 2019] e pechamos diversos concertos para os meses de outubro, novembro, decembro de 2019 e xaneiro de 2020, nunha xira de presentación por toda Galicia desa nosa primeira gravación.

No mes de febreiro de 2020 desprazámonos a Seixas, Caminha, Portugal, ao Herztcontrol Studio para empezar a gravar os temas que darían forma ao noso primeiro álbum, coa idea de sacar un EP de adianto no mes de abril e o LP completo no mes de setembro de 2020. A aparición da pandemia da Covid-19  modificou todos estes plans, así como obrigou a anular todas as actuacións previstas para o verán e a participación xa pechada en diversos festivais.

Así pois, e nesta nova situación, decidimos sacar o EP de adianto no mes de outubro de 2020 e deixar a publicación do LP para o ano 2021. Á espera de mellores tempos para a música en directo, que é onde nos desenvolvemos mellor e onde ten sentido a existencia do grupo. O EP levou por título “Alimentando o nervio” (https://spoti.fi/36zPKZq) e está formado por catro cancións producidas por nós mesmos. Dous son cancións propias, “Que  mellor amigo que ese”, que xa dimos a coñecer coa publicación dun vídeo a mediados de setembro do 2020 (https://youtu.be/MFcWih-YOSc ) e “ Queres saber”, vídeo: (https://youtu.be/F0mo0DSc1Xw ), e outras dúas son versións de clásicos do garaxe sesenteiro, “Negro gato”, unha das cancións  icónicas da “jovem garda” brasileira e popularizada por Roberto Carlos nos seus inicios rockeiros , vídeo: (https://youtu.be/sIRu8O1AUxU) e a outra é “A Bruxa” unha versión en galego do primeiro single dos Sonics “The Witch”, vídeo: (https://youtu.be/3IfRCfxULnY ). 

No mes de xuño publicamos “Sentirme ben” con ese tema na cara A e do que tamén fixemos vídeo (https://youtu.be/6Iy7cFZ3mwk) e na Cara B a nosa versión de “Vem quente que eu estou fervendo” outro clásico da “jovem guarda” brasileira, neste caso  popularizado por Erasmo Carlos.

No mes de agosto lanzamos un novo single con outra canción de adianto do noso primeiro LP. Desta volta foi “Canción de verán” que ocupaba a cara A, tamén con vídeo (https://youtu.be/AWUVb9rYvkY ) e na cara B a nosa adaptación ao galego de “I,m waiting for the man” de The Velvet Underground que pasa a ser “Esperando por el” .

Aquí van as ligazóns onde poderedes escoitar as nosas cancións e ver os nosos vídeos.

Spotify:  ttps://spoti.fi/2X19UIJ 

You Tube: https://m.youtube.com/c/osbarbansonicos

Finalmente no mes de outubro do pasado ano volvemos ao Herztcontrol Studio para gravar o noso primeiro álbum “Quimicamente impuro” .  Son 14 temas que van do punk rock ao garaxe pasados polo noso filtro e cheos de guitarras distorsionadas e cargadas de wha whas, voces rabiosas , unha base ritmica poderosa e letras introspectivas e personais. 

Presentaremos este noso primeiro LP cunha xira por toda Galiza para a que xa temos pechadas máis dunha ducia de actuacións nestes primeiros meses do ano 2022.  

Aquí podedes escoitar o noso primeiro longa duración “Quimicamente impuro”:

Do que acabamos de sacar un novo vídeo  “Dime, dime amor”: https://youtu.be/pFMgJyg75eY

Seguirnos e ter máis información :

Facebook: https://www.facebook.com/OsBarBanSonicos

Twitter: https://twitter.com/osbarbansonicos

Instagram: https://www.instagram.com/osbarbansonicos/

You Tube: https://m.youtube.com/c/osbarbansonicos

Bandcamp: https://osbarbansonicos.bandcamp.com/