Marina Ortega do grupo socialista urxe á Xunta a tomar “medidas de calado” para evitar as listas de agarda en dependencia

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, x 0,048471, urxiu á xunta a tomar “medidas de calado” para evitar as listas de agarda en dependencia que duplican o permitido pola lei. Fíxoo, na Comisión de Política Social do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta oral ao goberno galego.

“A fórmula máis eficiente para arranxar esta circunstancia é investir en recursos humanos”, sentenciou a responsable socialista para incidir sobre a necesidade de aumentar o persoal destes servizos e evitar así as “pilas” de expedientes en Política Social. Trátase, sinalou, dunha “cuestión fundamental” que o Grupo Socialista leva demandando, no Parlamento, “demasiado tempo”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao fío disto, subliñou que para aquelas persoas que están esperando unha resolución de grao, a dependencia é “unha cuestión moi importante” e quen pasa por un proceso de enfermidade ou ten algún tipo de doenza, realizar un proceso burocrático coma este “ás veces non é moi sinxelo”, polo que “é necesario” que se incrementen o número de técnicos dispoñibles.

Neste sentido, Ortega urxiu á Xunta a implantar unha simplificación normativa e administrativa tanto nos trámites de valoración do grao de dependencia como nos expedientes dos Programas Individuais de Atención (PÍA) que permitan un aumento na axilidade das resolucións, sen un detrimento da calidade das valoracións.

Por último, a responsable socialista sinalou os “problemas de base” do modelo de coidados en Galicia que se fixeron máis evidentes coa chegada da pandemia e lembrou que a nosa comunidade, a pesar de ser das máis envellecidas de España, é das que menos inviste por habitante en dependencia.