Nin a neve nin o frío impide aos equipos de enfermería de vacinación fronte a #Covid chegar a todas a residencias e vivendas comunitarias, para protexer aos maiores, persoas con diversidade funcional e aos seus coidadores.

Publicidade

Esta primeira fase (a vacina require dúas doses) está xa case rematada tras o traballo desta fin de semana, no que este domingo os equipos cumpriron a súa décima xornada de traballo. A Xunta de Galicia leva administradas xa 24.750 doses, mais do 65,9% das vacinas recibidas.

Esta fin de semana percorreron máis de 150 quilómetros, chegando ata Larouco, Entrimo, A Merca, Riós, Cualedro, Ourense, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Carballeda de Avia, Toén ou Beariz.

A valoración do conselleiro de Sanidade desta campaña é moi boa, agradecendo o traballo diario que se está a facer por parte destes equipos de vacinación. Ademais, Comesaña xa adiantou que esperan para o próximo 18 de xaneiro a recepción de 30.000 doses do segundo tipo de vacina que está no mercado, a de Moderna.