Manuel Baltar: “Os orzamentos da Xunta atenden ás necesidades e demandas da provincia de Ourense”

Valoración do PPdeOU dos investimentos previstos na provincia polo goberno autonómico presidido por Alfonso Rueda

O líder dos populares ourensáns valora o crecemento no investimento social, con recursos que “repercuten directamente no benestar da veciñanza”, e con “apostas de futuro para Ourense enmarcadas nun perfecto exercizo de cooperación”

AVANTAR ACTIVIDADES

·      Manuel Baltar recalca o impulso a iniciativas como o parque acuático de Monterrei, “que se está realizado en colaboración coa Deputación”, o investimento no Castelo de Monterrei, a nova sede da Xunta en Ourense, o Centro de Ciberseguridade ou a Área Termal. “Todas estas medidas responden a unha única palabra: Ourense, que é a palabra á que responde esta forza política, o Partido de Ourense”.

·      A deputada Marisol Díaz reivindica uns orzamentos “pensados para as persoas” e cos que a Xunta “fomenta o equilibrio territorial, apoiando sobre todo a Ourense e Lugo como provincias onde haberá un maior gasto por habitante durante o vindeiro ano 2023”