Boborás pon en cuarentena a gardería e o servicio concilia

Temos que recordar que na xornada de onte tomábase a decisión de pechar a gardería de Boborás por un caso positivo, que hoxe ascende a dous cativos e hoxe pechábase o servizo concilia, polo positivo de dous rapaces. Dende o centro CEIP Nosa Señora de Xuvencos informaban de dous positivos no grupo de pais que colaboran no comedor e catro no alumnado, dous deles coinciden cos rapaces que utilizan o servizo concilia.

Dende o centro aseguran que están seguindo o protocolo e tendo coordinación cas autoridades sanitarias. Tomaron a medida de illar a aqueles membros da comunidade educativa, pais, nais e colaboradores educativos que foron contactos estreitos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A dirección pide extremar as precaucións e a seguridade para que garantir un bo funcionamento do centro educativo.