Os albergues públicos do Camiño de Santiago comezan a súa apertura de forma gradual

A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago ultima os seus preparativos para iniciar a reapertura gradual a partir de mañá mércores, data na que tamén abrirán a Catedral de Santiago e o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino. A Xunta de Galicia, a través do programa Camiño Seguro, e os concellos coordinan un proceso consensuado que se iniciará cos albergues máis necesarios. Un mínimo de 28 da rede pública prestarán servizo desde a primeira xornada e irán sumándose novas aperturas progresivamente en función da demanda e a oferta. A previsión é que o 1 de setembro todos os albergues estean xa operativos.

Os albergues públicos manterán unha capacidade máxima do 50%, mentres que no resto de albergues permitirase incrementar a porcentaxe ata o 75%. Co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitará un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues

AVANTAR ACTIVIDADES