Os alumnos do Chamoso Lamas estrean un documental sobre o acoso escolar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este mércores 19 de xuño estreouse no salón de actos do IES Chamoso Lamas a última curtametraxe realizada polos alumnos do centro, Punto e coma. Trátase dunha película de 30 minutos que aborda o tema do acoso escolar, dende a perspectiva dos propios rapaces. Ao longo deste curso, un grupo de 25 alumnos foi ideando, guionizando, grabando e montando as diferentes esceas, nas que eles mesmos actúan, protagonizando a historia que construíron.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A estrea estaba adicada non só aos alumnos, senón tamén ás súas familias, para que coñeceran o traballo que os seus fillos e fillas desenvolveron, no que para moitos foi o seu primeiro achegamento ao cinema dende dentro. Outros dos participantes xa estiveran involucrados en cursos pasados noutros proxectos audiovisuais e fotográficos que o instituto leva desenvolvendo dende fai tempo. Á proxección tamén asistiron varios membros de Aspadisi, xa que un deles participa como actor no filme. Ademais, este ano Aspadisi está a punto de rematar a súa primeira película, feita en colaboración co equipo de audiovisuais do Chamoso Lamas, na que  aparte de actuar fan tamén os diferentes traballos técnicos de imaxe e son. Neste momento atópanse completando a fase de edición e montaxe, e en próximas datas teñen prevista a súa estrea para dala a coñecer ao público.