O dono do ático da rúa Principal asume o seu derrubo para marzo

O ático construído de xeito irregular nun céntrico edificio que comunica a Alameda ca rúa Rosalía de Castro será derrubado no próximo mes de marzo, facéndose cargo da obra o seu propietario. Esta decisión foi precipitada pola recente denuncia dun particular contra o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. Este tema ten percorrido dende fai 12 anos, no que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal non chegou a ser aprobado polo rexeitamento de construtores e poboación, polo que a situación do edificio non se legalizou.

O derribo efectuarase a causa de que é unha obra que está paralizada dende 2009, sen rematar, e o seu propietario xa foi sancionado con multas que superaban os mil euros en tres ocasións.

AVANTAR ACTIVIDADES