O Bng manifesta que Ribadavia volta ser vítima dos recortes educativos da Xunta.

A Consellería de Educación ven de comunicar ás organizacións sindicais que para o vindeiro curso 2023-2024, o CEIP de Ribadavia contará cunha unidade menos de ensino primario.


Unha vez máis Ribadavia padece os recortes do PP á fronte do goberno galego:

AVANTAR ACTIVIDADES

– 2011, desaparición do IES Abrente e peche do Bacharelato e do ciclo medio de FP en Administración que alí se impartían.

– 2014, supresión da aula de infantil no colexio de Francelos do CRA Amencer

– 2017, desaparición do CPI Tomás de Lemos que conleva a supresión da ESO neste centro que pasa a denominarse CEIP de Ribadavia, co traumático traslado de profesorado e alumnado de secundaria ao IES O Ribeiro.

– 2019, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

– 2020, peche do colexio da Alameda do CEIP de Ribadavia

– 2021, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

– 2022, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

Paralelamente, o persoal docente do CEIP de Ribadavia reduciuse en catro mestras entre 2019 e este curso pasado, ao que se engadirá un previsible recorte de profesorado de primaria no colexio de Ribadavia para o próximo curso 2023-2024.

Por todo elo, dende o BNG esiximos que o concello de Ribadavia se manifeste contra esta supresión dunha aula no CEIP de Ribadavia para o curso 2023-2024 e se modifiquen os actuais criterios de supresión de aulas da Consellería de Educación, especialmente nos concellos rurais e que padecen despoboamento, aplicando menores rateos de alumnado por aula e contribuíndo así tamén á mellora na calidade do ensino.

MOCIÓN POLO MANTEMENTO DE AULAS E POSTOS DE TRABALLO NO CEIP DE RIBADAVIA

Exposición de Motivos

Vimos de ter coñecemento das intencións da Consellería de Educación de decretar que o colexio de Ribadavia conte no próximo curso 2023-2024 con outra aula menos, neste caso de primaria.

Esta redución engadiríase ás de 2019, 2021 e 2022, que fixeron que o CEIP de Ribadavia pasara de 6 aulas de infantil a 3, así como outros peches de oferta educativa que nos últimos anos afectaron aos centros educativos do noso concello:

– 2011, desaparición do IES Abrente e peche do Bacharelato e do ciclo medio de FP en Administración que alí se impartían.

– 2014, supresión da aula de infantil no colexio de Francelos do CRA Amencer

– 2017, desaparición do CPI Tomás de Lemos que conleva a supresión da ESO neste centro que pasa a denominarse CEIP de Ribadavia, co traumático traslado de profesorado e alumnado de secundaria ao IES O Ribeiro.

– 2020, peche do colexio da Alameda do CEIP de Ribadavia

Por todo o anterior propomos ao Pleno municipal a aprobación dos seguintes ACORDOS

1.- Demandar á Consellería de Educación e Cultura que non se produza a prevista supresión dunha aula de primaria no CEIP de Ribadavia para o curso 2023-2024 así como a perda de profesorado no centro que a supresión desta aula levaría aparellada.

2.- ,Demandar á Consellería de Educación e Cultura que modifique os actuais criterios de supresión de aulas, especialmente nos concellos rurais e que padecen despoboamento, e se reduzan as rateos de alumnado por docente, contribuíndo así tamén á mellora na calidade do ensino.

En Ribadavia, 20 de xullo de 2023 At. Sr. ALCALDE-PRESIDENTE DO .CONCELLO DE RIBADAVIA