Que medidas debemos tomar este Nadal? Falamos con Pachi Vázquez

Publicidade ASPADISI

Nos últimos días, os gobernos están estudando as medidas a seguir nas datas de Nadal e as restricións que manterán en vigor. Nese contexto de reunións familiares que este ano se vai a ter que vivir de xeito diferente, é moi importante ter en conta cales son as medidas que debemos cumprir para estar seguros e para protexer ós demais tamén. Hoxe acercámonos ata a consulta do doutor e epidemiólogo Pachi Vázquez, que nos dará algunhas pautas para facelo do mellor xeito posible.