Luis Menor pon en valor na FEMP o modelo galego de cooperación entre as administracións autonómica e provinciais en prevención de incendios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulars da Federación, celebrada en Ciudad Real, o presidente provincial explicou a colaboración na loita contra os lumes en Galicia desde a perspectiva do labor que desenvolve a Deputación de Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ciudad Real, 28 de outubro de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, participou esta mañá na Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consells Insulars que organizou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na Deputación de Ciudad Real.

Ademáis de asinar no Libro de Honra da institución provincial ciudadrealeña en presenza do seu presidente, Miguel Ángel Valverde Mechero, Luis Menor tomou parte na comisión que se desenvolveu durante toda a mañá na cidade manchega.

Destacou Menor a importancia desta reunión de traballo, ao tratarse dun foro dos gobernos provinciais “onde poñemos en valor o papel que xogan as deputacións no territorio como elemento vertebrador indubidable”, concretando tamén obxectivos “para prestar da maneira máis efectiva e eficiente os servizos que prestan as administracións provinciais”.

O presidente provincial recalcou que a devandita comisión serviu tamén para poñer en común os retos aos que se enfrontan os gobernos provinciais, que van desde o financiamento das entidades locais ata o modelo urbano das cidades, o reto demográfico, o equilibrio e a cohesión social, territorial e dixital.  

Menor puxo en valor o modelo de cooperación en Galicia entre as administracións autonómica e provinciais en materia de prevención e extinción de incendios en municipios de menos de 20.000 habitantes, modelo que explicou desde a perspectiva do labor que desenvolve a Deputación de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia.