Alumnos do Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón participan nun taller sobre toponimia

O alumnado de 2º de Educación Primaria dos centros Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón participaron hoxe nunha actividade do servizo de Normalización Lingüítica. Tratouse dun obradoiro sobre toponimia galega, onde descubriron como recuperar os nomes propios da súa terra.

Estivo impartido por Vicente Feijoo, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da Real Academia Galega.

AVANTAR ACTIVIDADES