O concello de Ribadavia colga unha mensaxe contra a violencia de xénero

O día 25 celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Ribadavía non quere que esta data pase desapercibida polo que durante todo o mes de novembro lucirá unha pancarta contra a viloencia de xénero na fachada da casa consistorial, ademáis doutras actividades que se levaran a cabo durante o mes de novembro.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

A violencia de xénero foi e segue sendo unha das manifestacións máis claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres. A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre as mulleres por parte de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións de afectividade (parellas ou ex-parellas).

Unha das actividades que teñen en marcha é a realización de carteis relacionados con este tema por parte dos alumnos do IES O Ribeiro, carteis nos que amosan a súa repulsa contra esta situación. A exposición estará dispoñible na Casa da Cultura do 3 ó 19 de novembro.