Incendio na parroquia de Moreiras (Boborás)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO DE BOBORÁS

Incendio activo na parroquia de Moreiras

Desde o Concello de Boborás informamos de que permanece activo un incendio na parroquia de Moreiras, na zona entre O Gabián e Becoña, iniciado na noite de onte.

Desde a Consellería acábannos de comunicar a chegada de medios aéreos para apoiar os traballos de extinción, xa que a zona é complicada e o terreo dificulta a actuación unicamente con medios terrestres.

Nestes momentos, segundo a información dispoñible, o incendio non está preto das vivendas nin dos núcleos de poboación, pero desde o Concello seguimos moi pendentes da súa evolución.

Desde o Concello pídese á poboación que non se achegue á zona para non dificultar o traballo dos equipos de emerxencia e extinción.

Iremos informando de calquera novidade relevante.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Concello de Boborás

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------