Mañá remata o prazo para pedir o bono comercio de Ribadavia

Mañá, xoves día 31, será o último día para poder descargar e trocar o bono desconto de 10€ para compras de importe igual ou superior a 30€ nos comercios de Ribadavia adheridos á campaña “Ribadavia chea de Vida”. Os bonos solicítanse de xeito moi sinxelo a través da web https://ribadaviacheadevida.com/  e son só para persoas censadas no concello de Ribadavia.  Para conseguir este desconto só hai que acudir co DNI ao comercio para o cal solicitaches o bono.