O concello de Piñor acondiciona a fachada do Centro Social da Albarona

O concello de Piñor iniciou a pasada semana obras o Centro Social da Albarona, realizando traballos de rehabilitación das fachadas debido a deterioro que presentaban. Trátase dun reforzo que suporá tamén unha mellora de aforro enerxético.

Dende a administración local aseguraban que os traballos finalizarán nos próximos días. Do mesmo xeito,  piden a comprensión de todos os veciños e piden desculpas polas molestias ocasionadas para o servizo de velorio e demais actividades que se realizan neste centro.

AVANTAR ACTIVIDADES