O Carballiño baixa dous casos ata os 44 casos activos. Tres concellos están libres de covid

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 60 contaxiados.

O Carballiño conta hoxe con 44 casos activos, cun descenso de dous casos con respecto a onte.  Boborás baixou esta fin de semana ata ter un contaxio. Beariz tamén baixou notablemente, ata contar con 4 casos activos; Maside mantén 6 casos activos; San Amaro mantén 4 contaxios; Cea baixa dous casos, dos 3 a un contaxio. O Irixo, Punxín e Piñor están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES