Manuel Baltar visita o escenario que acollerá mañá o concerto de Hombres G:”esta gran Ourense ICC Week comeza ao grande, cunhas auténticas iconas da música”

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) a montaxe do concerto de "Hombre G" no Pazo dos Deportes "Paco Paz" acompañado de Juan Rivas Pires (Organizador da ICCWEEK), José Domarco Álvarez (Traballador do Pazo "Paco Paz" e de Rubén Álvarez Cid (Organizador do Concerto).
IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo coordinador técnico da ICCWeek, Juan Rivas, visitou esta mañá o escenario que acollerá mañá, ás 21 horas, o concerto de Hombres G, no pavillón do Paco Paz

Manuel Baltar destacou que “este será o prato forte desta edición da Ourense ICC Week no plano musical” e engadiu que “Ourense, en maiúsculas, volve unir a música con esta provincia que tanta cultura ten que demostrar e, neste caso, aplaudir a estas iconas nacionais”.

OZOCOgz Deseño Galego

Juan Rivas, coordinador técnico da ICCWeek, aseverou que “os Hombres G chegan a Ourense con esta supermontaxe e cunha medalla de prata da Comunidade de Madrid que recibirán en maio”. Lembrou tamén a próxima película sobre o grupo: “Un musical que promete ser un éxito de taquilla, e todo en Ourense”.

Ourense, 22 de abril de 2022. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá o escenario para o concerto de Hombres G que terá lugar mañá, ás 21,00 horas no pavillón Paco Paz. “Será o prato forte desta nova edición da Ourense ICC Week no plano musical. Hombres G, con 40 anos de traxectoria, veñen de encher en América, e en algúns escenarios, como o de Monterrey, con 80.000 persoas”, sinalou.

Para Manuel Baltar esta banda musical é “sen dúbida un dos mitos da música en España e estarán aquí, en Ourense, nun momento no que todo anima a que se encha o pavillón dos Deportes Paco Paz”. Porque, segundo sinalou o presidente do goberno provincial, este concerto culmina un “día ideal”, no que “ademais, arredor de Hombres G haberá tamén mañá unha mesa redonda -Marcos Valcárcel, 12,30 horas- que desvelarán segredos do grupo”. Manuel Baltar remarca que “esta gran Ourense ICC Week comeza ao grande. Ourense, en maiúsculas, volve unir a música con esta provincia que tanta cultura ten que demostrar e, neste caso, aplaudir a unhas iconas do pop nacional”.

Na visita estivo acompañado polo coordinador técnico da Ourense ICCWeek, Juan Rivas, quen destacou “a supermontaxe ca que veñen os Hombres G a Ourense” e lembrou a próxima estrea do musical sobre o grupo: “Será un éxito de taquilla si o si”.

Aínda se poden mercar entradas para o concerto en ataquilla.com