A Comisión Executiva Municipal do PSdeG abordou a programación cultural que se promoverá os vindeiros meses e entre a que destaca a tradicional ofrenda ao fundador do partido Pablo Iglesias Posse
Tamén se abordou o calendario do V Congreso Provincial, que terá lugar o 15 de maio, para o que se deberán realizar as propostas de candidaturas dos e das delegadas que participarán no mesmo
Ourense, 10 de abril de 2025. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense abordou a programación cultural que se promoverá dende a agrupación local os vindeiros meses e entre a que destaca a tradicional ofrenda ao fundador do partido que cada ano se realiza diante do busto de Pablo Iglesias Posse antes da manifestación do 1 de maio.
Ademais, por teceiro ano consecutivo as e os socialistas participarán na Festa dos Maios, unha das celebracións máis senlleiras de Ourense, cunha nova creación cuxa elaboración se levará a cabo de xeito aberto á cidadanía que desexe colaborar ou aprender.
Acordaron, por outra banda, aportar o seu gran de area ante o baleiro institucional do Concello de Ourense para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano que a Real Academia Galega acordou dedicar á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama (de Cerdeda); Eva Castiñeira Santos (de Muxía); e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido (integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens). A CEM
Tamén se abordou o calendario do V Congreso Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, que terá lugar o 15 de maio, para o que se deberán realizar as propostas de candidaturas dos e das delegadas que participarán no mesmo e a aportación que a militancia desexe realizar coas emendas que se presenten ao Relatorio Marco. Ditas emendas, como aconteceu antes do Congreso Federal do PSOE e o XV Congreso do PSdeG, se debaterán nunha asemblea extraordinaria que deberá convocarse nunha data anterior ao 6 de maio.