Bases para selección do persoal do obradoiro de emprego ” Via da prata” en Cea, Piñor e Villamarín.

Por acordo da Xunta de Goberno Local, con data 20 de setembro de 2021, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente e de apoio, do Proxecto obradoiro dual de emprego denominado “Vía da Prata”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.

Clase de persoal: laboral temporal.
Duración: 9 meses.
Prazas convocadas: director, persoal administrativo e persoal docente.

AVANTAR ACTIVIDADES


Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.


Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín

BOP Premer na Imaxe