Exhibicion de patinaxe do club Aehde na pista vermella do Carbaliño

Será o venres 14 de agosto ás 20 horas con todas as medidas de seguridade e con aforo limitado na bancada

O Club Aehde O Carballiño recupera a súa tradicional exhibición do mes de agosto, que dun xeito habitual coincidía coa semana da Festa do Pulpo. Nesta ocasión será o vindeiro venres 14 de agosto a partires das oito da tarde na pista vermella. Será unha exhibición que ten como obxectivo amosar as distintas disciplinas da patinaxe que reúne o Club Aehde na súa estructura: patinaxe artística individual, grupo show e patinaxe en liña na doble vertente da velocidade e o freestyle. Ademáis, a actividade contará con DJ para amenizar a cita.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento farase con todas as medidas de seguridade preceptivas e atendendo as protocolos vixentes. Nese sentido a entradas as bancadas do recinto será limitada respetando a distancia social e haberá unha única entrada e saída. O evento farase dun xeito escalonado para que non haxa ningún tipo de aglomeración.