A Deputación de Ourense reabre o primeiro programa social en España

Fotos entrevista Manuel Baltar no Balneario da Arnoia.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou hoxe no balneario de Arnoia que o reinicio do Programa de “Termalismo Social” permitirá desde o próximo 10 de xuño solicitar estancias e tratamentos termais para realizar a partir de 1 de xullo

“Iniciamos unha nova etapa, na cal Ourense ponse á fronte do turismo termal con máximas garantías de seguridade para os “ termalistas” e cun renovado programa que ofrece o mellor dos nosos produtos, servizos e infraestruturas”, destaca Baltar

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense reabre o primeiro programa social en España. Así o expresou hoxe no balneario de Arnoia o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen afirmou que a posta en marcha do programa de “Termalismo Social” converte á provincia ourensá “na primeira de España en reabrir un programa social”, o que significa que a partir do próximo 10 de xuño poderanse solicitar estancias e tratamentos termais para realizar desde o 1 de xullo. “Iniciamos unha nova etapa na cal Ourense ponse á fronte do turismo termal coas máximas garantías de seguridade para os “ termalistas” e cun renovado programa que ofrece o mellor dos nosos produtos, servizos e infraestruturas”, comentou o presidente.

Tamén hoxe, Baltar asinou o decreto para que nas mesmas datas estea operativo o Programa de “Termalismo Solidario”, dirixido a sanitarios e membros de corpos e forzas de seguridade do Estado. O obxectivo é que estas persoas “que o deron todo durante a crise sanitaria e ségueno facendo, poidan, unha vez terminada a pandemia, gozar dun saudable descanso e recuperarse física e psicoloxicamente nas instalacións balnearias da provincia de Ourense”, explica Manuel Baltar

O programa consiste na concesión de subvencións destinadas a esta finalidade, axudas que prestará a institución ata esgotar o orzamento previsto para a referida partida, que ascende a 30.000 euros. Terá como finalidade subvencionar en balnearios da provincia de Ourense programas de estancias e tratamentos para persoal sanitario e das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Por outra banda, o presidente dixo tamén hoxe que desde o vindeiro xoves a Deputación de Ourense terá operativo un Observatorio Termal Big Data para coñecer a evolución diaria da resposta á reapertura do Programa de Termalismo Social: prazas solicitadas, ocupación por modalidades e provincia de procedencia, entre outros datos, co obxectivo de poder axudar aos balnearios no proceso de planificación de reapertura de establecementos e das prazas para ofertar.

Este estudo ten a súa razón de ser na alta demanda de solicitudes de praza para acollerse a este programa (máis de 2.000 persoas en dous meses, a data de marzo pasado), o que supón un récord nos oito anos que leva desenvolvéndose o programa de cooperación entre a Deputación e todos os balnearios da provincia. En concreto, ao 14 de marzo, 2.444 persoas reservaran praza, das cales 392 xa gozaron do programa entre os meses de xaneiro e febreiro. Pero debido á pandemia 1.254 prazas foron suspendidas polo estado de alarma e 798 persoas teñen a praza reservada ata decembro.

As conclusións do estudo sinalan que as persoas non residentes na provincia, ás que se anulou a praza polo confinamento, mostran unha alta porcentaxe na decisión de volver reservar praza este ano (62 %), mentres que o 8 % non a reservará de novo e o 30 % aínda non o sabe. En canto ás persoas residentes na provincia de Ourense que teñen reservada a súa praza a partir de xullo, o estudo mostra que o 44 % irá ao balneario na data reservada, mentres que o 40 % aínda está indeciso. Ademais, o 4 % dixo que irá ao balneario pero que cambiará a data e o 12 % di que non irá este ano.

A Deputación de Ourense é a única administración que renovou os seus labores no ámbito termal, e o sector na provincia móstrase preocupado polo programa de termalismo do Imserso, dependente do Goberno do Estado, do cal aínda non consta data de continuación, como tampouco de ningún dos programas de termalismo social de ningunha administración autonómica ou provincial. #Ante esta situación, a Deputación de Ourense decidiu hai semanas poñerse ao dispor do sector e reabrir o programa tan pronto fose posible, realizando o esforzo administrativo preciso para situar á nosa provincia termal en posición de liderado en termos de data de reapertura de establecementos e prazas a ofertar.