Ribadavia mantén activos os 58 casos de Covid-19 de onte

O concello de Ribadavia segue sendo a maior preocupación da comarca. Despois de que os datos despuntaran a pasada semana, chegando ata os 75 casos activos, esta fin de semana estabilizáronse. Hoxe o concello rexistra 58 casos, a mesa cifra que onte. A vila está agora cas mesmas medidas restritivas ca o Carballiño, á espera de que nas próximas semanas teñan o mesmo efecto.

Publicidade

Os demais concellos mantéñense estables. Carballeda de Avia sobe un caso, ata os 4 e Castrelo de Miño baixa un, ata os 7. Melón mantén os dous casos, Leiro os catro, Avión un caso e Arnoia, Beade, Cenlle e Cortegada están libres de coronavirus.

Ante o incremento de casos nos últimos días e a gravidade dalgúns dos afectados, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras procedeu a facer un cribado selectivo de 1.600 veciños entre o concello de Ribadavia e tamén o de Xinzo de Limia.

O cribado realizouse mediante recollida de mostras para PCR e participarán 11 enfermeiras e 17 técnicos. En Ribadavia as probas realizáronse o sábado pola tarde, no CEIP “Alameda”. Alí estaban citados 613 veciños dos que acudiron 481, deixando unha cifra de participación  do 79,3%. Dos participantes só deron positivo 3 persoas, polo que as autoridades sanitarias establecen unha transmisión comunitaria moi limitada, do 0,62%.