Comunicado da alcaldesa de Ribadavia sobre a crise de abastecemento pola seca

IES CHAMOSO LAMAS


A Situación é a mesma que durante os 9 dias da crise de abastecemento pola seca.
Continuamos trasladando auga desde o Avia con 3 camions cisterna, desde a mañá de onte incorporamos un camión cisterna de mais capacidade, 25mil litros, para axudar no enchido do deposito.
Recibimos bombas de Axega, estas bombas de aspiración axudan na carga dos camions cisterna, pero necesitamos de medios de transporte, como camions nodrizas dos que dispón a XG, para reforzar os turnos dos transportistas.
Cada camión cisterna ao dia fai 6-7 viaxes, tardan entre cargar/descargar e subir 1h cada camión. Seguimos apelando ao consumo responsable, as condicions metereoloxicas non axudan e as altas temperaturas son factores que incrementan a seca.
Ao mesmo tempo seguimos coa obra do novo proxecto de captacion no Avia, continuando coa apertura das zanxas para colocar as tubaxes.
Temos auga de uso domestico situada en 30 puntos de Ribadavia e parroquias para axudar nas vivendas e negocios (aseos, uso limpeza pratos, e vaciado cisternas) esta auga non garante a potabilidade para o consumo humano.